1 de Maio de 2013

Hasta nunca, José Mourinho


Foto: Libertad Digital

Soy barcelonista, pero ésto no tiene nada que ver con el barcelonismo. O sí.

José Mourinho, al final de esta temporada te marcharás de España y eso será un alivio para todas las personas dignas de considerarse como tales.

José Mourinho, pocas actitudes me provocan más rechazo que una inflamación purulenta de ego. Eso has sido tú durante tus años en el Real Madrid.

José Mourinho, tú, que sabes que como estrella mediática futbolística eres un ejemplo para toda la infancia, tú, fuiste a traición a por Tito Vilanova para clavarle tu dedo en su ojo. No fue un codazo en el medio de un calentón de una discusión que se os había ido de las manos, dos no pelean si uno no quiere, etc. No. Tú, José Mourinho, le dijiste a todos los niños madridistas: niños, si queréis herir a alguien, a sangre fría y de manera premeditada, para conseguir vuestro objetivo, hacedlo. Y después, si acaso, decid que no conocéis de nada al agredido. O decid que las notas de Bárcenas son falsificadas. Que más da. El grafólogo que diga lo que quiera. El vídeo que diga lo que quiera. El libro de averías del metro de Valencia ya lo haremos desaparecer.

José Mourinho, provocaste que muchos amantes de los Barça-Madrid y de los Madrid-Barça deseásemos que nunca más se enfrentasen estos dos equipos. No por miedo a que perdiera el Barcelona, no. Llegó un momento en el que tener que presenciar tu despliegue de mentiras, fanfarronadas, insinuaciones victimistas, karankismos calculados, tener que verte en la televisión era lo último que queríamos.

José Mourinho, estabas convencido de que contra el Barcelona, que tenía esa aura de santidad, no sé si exagerada, tú tenías que oponer el demonio, el infierno. Cuanto peor, mejor. El defensa Pepe aleccionado por ti para romper las piernas de quien fuese necesario. Y fallaste. En muchos momentos parecía que serías campeón de la Champions League después de despreciar y burlarte de toda Europa. Por suerte no lo has conseguido.

José Mourinho, ésta no te la perdono: desquiciaste a Josep Guardiola. Sé que ése era uno de tus objetivos principales: machacar y humillar a Guardiola. No podías tolerar que alguien ganase comportándose como una persona digna y educada. Guardiola no es Dios, pero en la escala de dignidad de las personas siempre ha estado 10 kilómetros por encima de ti, y lo sabes. Guardiola posiblemente se fue porque no compartía la manera de trabajar de Sandro Rosell, pero seguro que tuvo mucho que ver también que te quería perder de vista. Cuando Laporta (otro que no es Dios, pero esa es otra historia) dejó de responder a tus bravuconadas, le tocó a Guardiola responderte. Y sí: en las salas de prensa eras el puto amo. El puto amo al nivel de Montoro hablando de Gerard Depardieu, el puto amo al nivel de Belén Esteban diciendo "mentiendes?", ese otro puntal podrido de la estructura de la estulticia supina.

José Mourinho, tu fuiste hasta ayer mismo el lado deportivo de la estafa económica, política y social en la que estamos metidos.

José Mourinho, tengo que agradecerte una cosa: cuando llegué a Madrid hace un año no me sentí extranjero por ser del Barça. Gracias a ti, pude conversar con muchos madridistas y ponerte a caldo juntos: barcelonistas y madridistas antimourinhistas juntos por una buena causa.

José Mourinho, ya me despido. Solo quiero que sepas que eres el tipo de persona que espero que nunca triunfe en la vida. Espero que más pronto que tarde la sociedad racional, ética, cariñosa, te vaya dejando cada vez más solo.

José Mourinho, como decía mi profesor de academia (un madridista convencido y divertido, no como tú): que lleves tanta paz como descanso dejas.

Até nunca, José Mourinho


Foto: Libertad Digital

Son Barcelonista, pero isto non ten nada que ver co barcelonismo. Ou si.

José Mourinho, a final desta tempada marcharás de España e iso será un alivio para todas as persoas dignas de considerarse como tales.

José Mourinho, poucas actitudes me provocan máis rexeitamento que unha inflamación purulenta de ego. Iso foches ti durante os teus anos no Real Madrid.

José Mourinho, ti, que sabes que como estrela mediática futbolística es un exemplo para toda a infancia, ti, foches a traición a por Tito Vilanova para clavarlle o teu dedo no seu ollo. Non foi un codazo no medio do quentón dunha discusión que se vos fose das mans, dous non pelexan se un non quere, etc. Non. Ti, José Mourinho, dixécheslle a todos os nenos madridistas: nenos, se tedes que ferir a alguén, a sangue fría e de xeito premeditado, para conseguir o voso obxectivo, facédeo. E despois, se acaso, dicide que non coñecedes de nada ao agredido. Ou dicide que as notas de Bárcenas son falsificadas. Iso tanto ten. O grafólogo que diga o que queira. O vídeo que diga o que queira. O libro de avarías do metro de Valencia xa o faremos desaparecer.

José Mourinho, provocaches que moitos amantes dos Barça-Madrid e dos Madrid-Barça desexásemos que nunca máis se enfrentasen estes dous equipos. Non por medo a que perdese o partido o Barcelona, non. Chegou un momento no que ter que presenciar o teu despregamento de mentiras, fanfarronadas, insinuacións victimistas, karankismos calculados, ter que verte na televisión era o último que queriamos.

José Mourinho, estabas convencido de que contra o Barcelona, que tiña esa aura de santidade, non sei se esaxerada, ti tiñas que opoñer o demo, o inferno. Canto peor, mellor. O defensa Pepe aleccionado por ti para rachar coas pernas de quen fose necesario. E fallaches. En moitos momentos semellaba que serías campión da Champions League despois de desprezar e burlarte de toda Europa. Por sorte non o conseguiches.

José Mourinho, esta non cha perdoo: desquiciaches a Josep Guardiola. Sei que ese era un dos teus obxectivos principais, machacar e humillar a Guardiola. Non podías tolerar que alguén gañara comportándose como unha persoa digna e educada. Guardiola non é Deus, pero na escala de dignidade das persoas sempre estivo 10 quilómetros por riba de ti, e sábelo. Guardiola posiblemente marchou porque non compartía a maneira de traballar de Sandro Rosell, pero seguro que tivo moito que ver tamén que te quería perder de vista. Cando Laporta (outro que non é Deus, pero esa é outra historia) deixou de responder ás túas bravuconadas, tocoulle a Guardiola responderche. E si: nas salas de prensa eras o puto amo. O puto amo ao nivel de Montoro falando de Gerard Depardieu, o puto amo ao nivel de Belén Esteban diciendo “mentiendes?”, ese outro puntal podre da estrutura da estulticia supina.

José Mourinho, ti foches até onte mesmo o lado deportivo da estafa económica, política e social na que estamos metidos. 

José Mourinho, teño que agradecerche unha cousa: cando cheguei a Madrid hai un ano non me sentín un estranxeiro por ser do Barça. Grazas a ti, puiden conversar con moitos madridistas e poñerte a caldo xuntos: barcelonistas e madridistas antimourinhistas, xuntos por unha boa causa.

José Mourinho, xa me despido. Só quero que saibas que es o tipo de persoa que agardo que nunca triunfe na vida. Agardo que máis pronto que tarde a sociedade racional, ética, agarimosa, te vaia deixando cada vez máis só.

José Mourinho, como dicía o meu profesor de academia (un madridista convencido e divertido, non coma ti): que leves tanta paz como descanso deixas.

30 de Abril de 2013

Os escraches, os fíos invisíbeis e Neus Català | Els escarnis, els fils invisibles i Neus Català


Foto: Blog de Mila Arcarons

Hai unhas semanas, facendo un repasiño aos xornais dixitais, atopei un artigo de Júlia Otero en El Periódico de Catalunya no que a Júlia dicía o evidente: que comparar os escraches co nazismo era unha burrada premium. Pero o orixinal era o recurso argumentativo: basicamente recomendaba ler o libro sobre a vida de Neus Català (resistente en Catalunya e en Francia e supervivinte de campos de exterminio nazis) antes de botar a lingua a pacer chea de veleno e sen xeito.

Entón engadín ese libro, "Un cel de plom", á miña "lista de desexos" de Amazon. Algúen consultou furtivamente esa lista. E agora estou devorando o relato dunha muller máis forte que todos os exércitos invasores xuntos.

Curiosos fíos condutores. Partindo dunhas declaracións tan ridículas e desprezábeis como as dos nazitodólogos e os etatodólogos cavernarios, cheguei até a lectura dun libro que me está a transmitir un optimismo a proba de bombas. Neus relátanos, novelada por Carme Martí, o sufrimento máis desgarrador e destrutivo que unha persoa pode sufrir. Porén, o que respiro cando leo as súas desventuras é enerxía, capacidade de cambiar o que nos rodea, resistencia, solidariedade, optimismo, loita por un futuro mellor, individual e colectivo.

Os tempos son difíciles e inxustos, pero temos tantos camiños por construír, tanto Sol a nos iluminar, tanta choiva de primavera, que o mellor que podemos facer e armarnos de valentía e optimismo crítico, e adiante.

Fa algunes setmanes, fent un repàs als diaris digitals, vaig trobar un article de Júlia Otero a El Periódico de Catalunya on la Júlia deia una evidència: que comparar els escarnis amb el nazisme era una rucada premium. Però l'original era el recurs argumentatiu: bàsicament recomenaba llegir el llibre sobre la vida de Neus Català (resistent a Catalunya i a França i supervivent de camps d'extermini nazis) abans de parlar sense criteri i amb la llengua plena de verí.

En aquell moment vaig afegir aquell llibre, "Un cel de plom" a la meva "llista de desitjos" d'Amazon. Algún va consultar furtivament aquella llista. I ara estic devorant el relat d'una dóna més forta que tots els exèrcits invasors junts.

Curiosos fils conductors. Partint d'unes declaracions tan ridícules i menyspreables com les dels nazitodòlegs i els etatodòlegs cavernaris, he arribat a la lectura d'un llibre que m'està transmetent un optimisme a prova de bombes. La Neus ens relata, novelada per Carme Martí, el patiment més esfreidor i destructiu que una persona pot patir. I, tanmateix, el que respiro quan llegeixo les seves desventures és energia, capacitat de millorar el que ens envolta, resistència, solidaritat, optimisme, lluita per un futur millor, individual i col·lectiu.

Els temps són difícils i injustos, però tenim tants camins per construir, tant de Sol iluminant-nos, tanta pluja de primavera, que el millor que podem fer és armar-nos de valentia i optimisme crític, i endavant.

24 de Abril de 2013

O zapatazo 2.0 de Beiras

Foto: (c) AGE
Aí vai a miña opinión (se cadra nada orixinal), por se a alguén lle interesa. Beiras ten dúas posíbeis razóns para facer o que fixo hoxe.

1 - Liberar dalgún xeito a carraxe que xera que se cachondeen dun por emocionarse, que fagan chanza de amigos que morreron por culpa de energúmenos como Marcial Dorado.

2 - A vontade premeditada de dar unha chamada de atención, ao estilo do zapatazo histórico, sobre un tema que xa estaba desaparecendo dos medios, especialmente dos do réxime, e tamén se cadra das mentes de moitos cidadáns.

Tal como o vexo, calquera das dúas razóns son suficientes para dar un golpe na mesa. Se foi carraxe, eu empatizo con ese sentimento provocado por quen se mofa da sensibilidade dun. Se foi estratexia mediática, Beiras hoxe copa as portadas de todos os medios dixitais e os meus compañeiros madrileños comentáronme a xogada no xantar. Misión cumprida, logo.

Anímovos á fraternidade e a cuestionar certas normas da "etiqueta" parlamentaria. O forno non está para bolos.

(Texto pouco elaborado, adaptado dun comentario meu en Praza)

15 de Abril de 2013

El Quijote na ouriceira


Nunca é un mal momento para ler El Quijote. Teño a sensación parva de que ten máis sentido ler El Quijote vivindo en Castilla (ou Comunidad de Madrid, se iso existe). De momento engancha. A atmósfera e a lingua despregada son golosinas literarias. Pero o pobre Sancho xa levou demasiados paus.

Ao acabar o anterior parágrafo pensei de súpeto no Quijote extraviado e cruzando os soutos do Incio. Se cadra tales aventuras daban para unha desas innecesarias extensións de obras exitosas. Iso si: disque Miguel era de Cervantes.

20 de Março de 2013

Onde encaixa a paz na guerra de clases?

Foto: eldiario.es (cc)

Estase a converter en saber popular, en constatación do evidente, que os especuladores e banqueiras nos están roubando á inmensa maioría da poboación, sexa pola vía chipriota ou pola vía española, diferida e simulada. As clases sociais non serán tan evidentes como hai uns anos: non todas as estafadas levan casco de obreira, non todos os roubados sentan diante dunha máquina de coser. Moitas están no paro. Ou noutros países, invisíbeis no interior e no exterior. Pero seguen a ser evidentes as desigualdades. Os monicreques, Rajoy, Mas, Feijoo, por nomear tres, van cortando os cables dos xa anteriormente precarísimos e inxustos ascensores sociais. Se teus pais estaban arriba, salvado. Se teus pais estaban abaixo... this is Baltimore. O soño americano para quen crea en Francisco I.

Somos pacifistas ou defendemos a guillotina? Tempos duros.

Aclaración. Esta (ir)reflexión foi consecuencia destas dúas pezas:


vs.

22 de Fevereiro de 2013

Buñuel desencadenado




Outro luns en La Esencia. Esta vez Jesús de la Vega preséntanos un documental sobre a vida e a obra de Luis Buñuel e unha película súa: "Simón del Desierto".

Debo recoñecer que esta vez non sabía que esa era a proposta. A miña actitude é ir os luns coa mente aberta, a ver con que me sorprende Jesús. E debo recoñecer tamén que nunca vira nada de Buñuel. Era para min un deses centos de referentes culturais na lista de pendentes.

Aínda que chego un cuarto de hora tarde, parece que a reportaxe sobre Luis acaba de comezar. Gústame descubrir as súas conexións coa xeración do 98 e coa xeración do 27 e especialmente os rincóns madrileños onde coñece a outros artistais (escritores, pintores) fundamentais españois. Todo aquilo ao que eu durante a escola e o instituto non lle prestara a máis mínima atención. Aquelas profesoras de literatura española... en fin, esa é outra historia.

O documental en si é unha peza para observar con curiosidade. Creo que dos anos 70, co ritmo e o estilo da época, e cun Franco moi presente na ollada que deita sobre Buñuel. Buñuel, como tantos outros da súa quinta, estivo en París, Nova Iorque, México... o talento precisa tempo de maduración e exploración do planeta, semella. 

Tomamos unha cervexa ao remate do documental e logo comeza a película: "Simón del Desierto". Un xeito pouco común de comezar a explorar a obra de Buñuel, creo. Non o pensei naquel momento, pero agora vexo "La Vida de Brian" como unha extensión e retorsión de Simón del desierto. Spoiler: riba dunha columna no semideserto, Simón medita e evita todas as tentacións. Aos seus pés van desfilando e vanse autorretratando a Igrexa, un anano pastor e o demo transfigurado en muller. Simón resiste, resiste, resiste, resiste, até que acaba aerotransportado polo demo-muller, abandonando a súa columna. Última escena: guateque dos 70, deses que as fascinadas polo retro adoran. Longa secuencia de bailes contemporáneos. Recoñezo que me encanta a música que alí soa. Enfocan a mesa. Alí está sentado Simón, poderiamos ser ti ou eu, con ollos absortos. A muller-demo sae a bailar. Fin.

Seica é un filme inacabado. O bo de saber que estás ante un surrealista é que lle proporcionas un extra de permisos ao cineasta para que faga o que lle praza. Seica non estou ante a súa obra mestra, pero "Simón del Desierto" conseguiu que captara un chisco o estilo de Buñuel, e que teña moitas máis ganas de ver "Un Perro Andaluz" ou outros dos seus delirios.

Cinefórum presentado por Jesús de la Vega:
todos os luns ás 8 en La Esencia Bar.

15 de Fevereiro de 2013

O experimento Parroquia




Parroquia Atlántica é como se chama o experimento co que andamos a enredar Silvio Falcón, Pablo Casal, Alberte Montes, Xosé Manuel Fernández e máis eu dende hai algún tempo. Aínda non sei como se chama o que facemos. Os energúmenos above mentioned coñecímonos dunha maneira ou outra no Barcelona Atlàntica. Aquilo si que se podía definir facilmente: un programa de radio amateur en galego dende a diáspora. En Catalunya está moita da Galicia que podería ser, xa sabedes.

O Parroquia aínda está atopando o seu lugar e o seu xeito. Está verde e apenas asoma as orellas, pero ten ilusión. Poderiamos dicir que é un videopodcast en directo ou unha videoconferencia en streaming aberto. Todo expresións longas. Botamos a faltar a cervexa e o bocadillo que acompañaban sempre ao programa en Barcelona: o experimento Parroquia permítenos comprobar que internet aínda non substituiu a proximidade física. Por contra, permítenos emitir dende Bruxelas, Barcelona, Madrid e Monforte simultaneamente. Non está mal.

Escribo isto mentres escoito Ataque Escampe e apéname que sexa difícil tecnicamente combinar as nosas voces parroquiais coas sintonías atlánticas correspondentes. Pero hémolo conseguir máis cedo que tarde.

Optimista, penso que se todas aportamos o noso mínimo nó á rede de comunicación horizontal, amateur, nas nosas linguas respectivas, enriqueceremos a terra que pisamos e a que pensamos, e aumentaremos a biodiversidade.

É dicir, que te agardamos na Parroquia Atlántica sempre cos brazos abertos. E sabemos que hai mil enguedellos máis nos que embelecar. Xa que logo, fagamos rede para liberarnos.

Parroquia Atlántica: Web / Twitter / Facebook / Google+

Actualización 21.02.2013

A pesar da ilusión que mantiña neste experimento, parece que a árbore non prendeu. Cancelamos de momento o Parroquia Atlántica por problemas de axenda dos seus "podregonistas". Foi un pracer. Volveremos?